31 dic 2011

FELICES FESTAS A TOD@S!!!!!!

 

Aínda que con un pouco de retraso, o departamento de Educación Física quere felicitarvos as Festas.
Aproveitade para facer algo de deporte nestes días nos que non hai obrigas académicas!!!!!!.
Bo Nadal e feliz 2012.


28 nov 2011

MAGOSTO 2011-12

Mañá martes 29 durante as clases da tarde, vaise celebrar no instituto o magosto deste curso 2011-12. Aparte de asar e comer castañas, vanse celebrar como xa é habitual, actividades 
deportivas entre o alumnado. Este ano haberá competicións de brilé, soga-tira e morte-súbita( baloncesto).De cara a axudar na organización destas actividades, o departamento convoca ós alumnos colaboradores de bacharelato para que se concentren no ximnasio as 16:30 de mañá martes. Despois procederemos ó reparto de funcións.
No 1º recreo de mañá, tamén haberá unha reunión no ximnasio para falar disto.
Animádevos a participar!!!!

20 nov 2011

MILLOR DEPORTISTA ESPAÑOL

Finalizou a enquisa do blog para decidir o millor deportista español, e despois de unhas cantas semás e 103 votos o resultado foi o seguinte:
1º. IKER CASILLAS (36 votos)
2º. PAU GASOL (21 votos)
3º. FERNANDO ALONSO ( 20 votos)

COMENZA O TORNEO DE FUTBITO

 
Comenza este luns 21 o torneo de Futbito do insti. Haberá dous grupos: 1º ciclo da ESO e 2º ciclo da ESO e Bacharelatos.
Os partidos xogaranse durante os dous recreos de cada día.
O sistema de competición será mediante  dobre eliminación e a final dos 2 grupos xogarase no pavillón do Porriño.
Estade atent@s o calendario de partidos que se colocará diariamente no ximnasio.
Os alumn@s colaboradores realizarán as funcións de organización e arbitraxe.
SORTE A TOD@S @S PARTICIPANTES!!

19 nov 2011

CAMPEÓNS DO TORNEO DE HOCKEI

Finalizou o torneo de hockei do instituto cos seguintes resultados:
1º ciclo: CAMPEÓN: NHL                             SUBCAMPEÓN: Los Cobras.
2º ciclo: CAMPEÓN: Cuidado con Santi               SUBCAMPEÓN: Los profes.
Deixamos imaxes dos equipos campeóns e subcampeóns: ENHORABOA A TOD@S!!!!
EQUIPO CAMPEÓN DO 2º CICLO E BACHARELATOS
EQUIPO CAMPEÓN DO 1º CICLO


EQUIPO SUBCAMPEÓN DO 2º CICLO E BACHARELATOS

                                                   MÁIS FOTOS DO TORNEO




16 nov 2011

DIPLOMAS DO TORNEO DE HOCKEI

 

Os alumn@s colaboradores xa podedes ir preparando os diplomas do torneo de Hockei. Déixovos un  exemplo para que vexades os puntos que debe incluir, aínda que se poden añadir outros que vos parezcan. O espazo para o nome do alumno deixaino en branco pero con formato de texto para poder poñelo posteriormente. 

O formato de presentación será en Power Point

O plazo de presentación será o vindeiro Luns 14 de Novembro.
Debedes enviar o documento cos nomes da parella autora ó e-mail: efpinomanso@gmail.com