13 oct 2012

TRABALLO TEÓRICO 1º BAC. 1º TRIMESTRE

Déixovos unhas pautas para que poidades empezar coa redacción do traballo deste trimestre. Se tedes dúbidas irémolas resolvendo en clase.
Ánimo.

Debedes planificar 8 semás de entrenamento da Resistencia. Nesta planificación debedes incluir os seguintes aspectos:
* REALIZACIÓN NA CLASE DE 2 TEST DE VALORACIÓN DOS 4 QUE SINALAMOS A CONTINUACIÓN:
TEST DE ROCKPORT
TEST DE RUFIER E TEST DO ESCALÓN
TEST DE BURPE
Debedes resumir os dous test escollidos e tamén debedes resumir os resultados acadados na clase donde os levastes a cabo.

* MÉTODOS DE ENTRENAMENTO PARA O DESENROLO DO PLAN.
De todos os métodos para o desenrolo da Resistencia, imos usar soio os seguintes:
CARREIRA CONTINUA.
ENTRENAMENTO TOTAL.
FARTLEK.
ENTRENAMENTO FRACCIONADO.
Debedes explicar  brevemente cada un dos métodos no voso traballo teórico.

* PRINCIPIOS DO ENTRENAMENTO.
De todos os principios que deben aplicarse na planificación, nos imos utilizar soio os seguintes:
- P. da progresión.
- P. da alternancia.
- P. da continuidade.
- P. da supercompensación.
Os principios non forman parte do traballo pero debedes leelos para que a periodización que fagades a continuación cumpla os 4 principios sinalados.

* PERIODIZACIÓN.
Debedes representar nun cadro 8 semás de entrenamento donde 6 serán de carga e 2 de recuperación. Cada semá ou microciclo terá 4 días de entrenamento donde 2 serán de carreira contínua e os outros dous elexiredes algún dos métodos comentados con anterioridade.
Tamén deberedes presentar un modelo de sesión con unha sesión de dous dos métodos da resistencia que traballaremos. Cada sesión deberá conter: quecemento, parte principal e volta á calma.
MODELO FICHA DE SESIÓN

PLANIFICACIÓN DO ENTRENAMENTO BACHARELATOS


Hola a todos/as!!!!
Comenzamos o trimestre coa planificación do entrenamento, e queremos que teñades a información necesaria para empezar coa súa elaboración. 
Esperamos que vos sexan útiles.

PLANIFICACIÓN DO ENTRENAMENTO  DEPORTIVO
PROBAS PARA MEDIR A FORZA
PROBAS PARA MEDIR A FLEXIBILIDADE