16 ene 2012

SAÍDA EDUCATIVA DE 1º DA ESO

O vindeiro xoves 19 de Xaneiro imos realizar a primeira das saídas educativas deste curso. Visítaremos co alumnado de 1º da ESO ó ecoparque de Marín.
O horario será: saída ás 8:45h do centro, chegada ó parque as 9:30h, desenrolo da actividade dende as 10 as 13h, 13:30h regreso ó centro, 14:30 chegada.
O prezo da actividade incluido o transporte é de 18 €.
É necesario levar roupa de deporte e unha muda por si acaso suamos moito.
O alumnado que non poida participar na actividade deberá asistir a clase coma calquer outro día. 
Esperamos que o pasedes ben!!!!
Podedes encontrar máis información no seguinte enlace:
ECOPARQUE MARÍN