10 oct 2011

PARTE TEÓRICA DO 1º TRIMESTRE

Xa están os apuntes do 1º trimestre na fotocopiadora do instituto!!!!.
Como sabedes, tedes que copiar a man a información para acadar un 5. A maiores, podedes realizar unha ampliación tamen a man ( mínimo 2 folios) e unha exposición oral para tentar acadar o 10.
Imos recordar as partes obrigatorias do traballo ( xa sabedes que se falta algo descontaría da nota final)
* Presentación xeral :..............................ata - 0,5 puntos
* Índice: ................................................ata - 0,5 puntos
* Caligrafía e ortografía.........................ata - 2    puntos ( máis de 30 faltas suporán o suspenso automático)
* Portada: ..............................................ata - 0,5 puntos

Para este 1º trimestre tedes ademáis outras opcións que pasamos a detallar por cursos:
1º da ESO: En vez da ampliación e exposición comentadas, podedes facer o seguinte traballo:
* Entrar neste blog.
* Participar na enquisa.
*Deixar un comentario co voso nome e dicindo a quen votastes  na enquisa nunha das páxinas do voso curso.
* Facer un resumo a man, dos contidos que aparecen nas páxinas do voso curso para entregar ó profesor o día da entrega do traballo teórico, como ampliación deste.
3º da ESO: En vez da ampliación e exposición comentadas, podedes facer o seguinte traballo:
* Entrar neste blog.
* Participar na enquisa.
* Deixar un comentario  co voso nome e comentando a quen diches o teu voto nunha das páxinas do voso curso.
* Realizar a actividade JCLIC que aparece para o voso curso.
* Facer un traballo en formato WORD cos siguientes puntos: Portada, Índice, resumo dos contidos das páxinas do voso curso, pegar pantallas de 5 actividades do jclic. O traballo enviarase a seguinte dirección de correo: efpinomanso@gmail.com
1º de BAC: Para  poder obter a máxima nota deberase presentar un resumo da ampliación do traballo en formato dixital en presentación WORD ou POWERPOINT. Este traballo enviarase ó correo efpinomanso@gmail.com

 DATA DE ENTREGA PARA TODOS : DURANTE A SEMÁ DO 14 Ó 18 DE NOVEMBRO NA CLASE DE EDUCACIÓN FÍSICA.

No caso de supender ou de non presentar o traballo teredes dereito a un exame teórico no final do trimestre.
A TRABALLAR!!!!