15 mar 2012

V CARREIRA POLA IGUALDADE

Xa está aquí a 5ª edición da Carreira pola Igualdade. Xa pasaron esos anos donde Jacobo Ucha era o claro dominador, aquel no que regalamos camisetas a tod@s os participantes, ou aquela edición do 2010 pasada por auga ( que llo digan a Carmen Vallejo e a Susana!!!),.........   .
Pero volvendo ó presente, este ano é unha edición especial xa que ademáis colaboramos con algo moi bonito que é axudar a dúas asociacións de discapacitados a conseguir dúas bicicletas para que os nen@s con algunha minusvalía poidan facer deporte.
Por iso dende o departamento e dende este blog animámosvos a que participedes na carreira e tamén con 1€  na rifa solidaria para o sorteo dunha bicicleta.
Para facer boca, déixovos unha foto da bicicleta que sorteamos, valorada en  aprox. 200 €. Características da bicicleta.
O circuito de 2 kms aprox. aparece neste blog un pouco máis abaixo, no gadget de google maps ( é o recorrido que aparece en vermello). Por certo, convencede a vosos pais para que se animen a participar.

Tamén iremos colocando nesta entrada, a aqueles que queiran colaborar con este proxecto. Gracias por adiantado.
Coca-cola.
Copi-Rey








CODISOIL