23 feb 2012

AMPLIACIÓN DO TRABALLO: 3º DA ESO

Para que vos sexa máis doado ampliar o traballo deste trimestre déixovos a posibilidade de facer un traballo recopilatorio de exercicios de forza que encontredes na rede. Os exercicios de forza deben encuadrarse nas seguintes categorías das que podedes escoller unha.
* Autocargas.
* Forza por parellas( con un compañeiro)
* Forza con sobrecarga ( diferente material)
* Forza mediante multisaltos.
* Forza mediante elásticos ou gomas.
* Forza mediante multilanzamentos.
O traballo debe constar de portada, índice, contido e bibliografía, e pode ser de extensión voluntaria. Debedes remiti-lo á direción de correo do departamento que aparece nesta páxina. Tedes de prazo ata o vindeiro 2 de Marzo para enviar a ampliación por e-mail.
Por suposto, @ que queira pode facer a ampliación tradicional pero a data de presentación  é o vindeiro 28 de Febreiro.
A currar!!!

APUNTES DE BÁDMINTON

Deixámosvos un power-point sobre o regulamento, historia e peculiaridades do bádminton  para que reforcedes as clases deste 2º trimestre.

11 feb 2012

HABILIDADES XIMNÁSTICAS 1º ESO

Para facilitar a adquisición das técnicas de habilidades ximnásticas, deixámosvos uns videos para que repasedes dende a casa.
Pero xa sabedes.......nunca practiquedes pola vosa conta sin unha persoa cerca. Seguridade ante todo!!!
VOLTERETA ADIANTE(1) 
VOLTERETA ADIANTE(2) 
VOLTERETA ATRÁS(1) 
VOLTERETA ATRÁS(2) 
EQ. INVERTIDO CON 3 APOIOS 
EQ. INVERTIDO CON AXUDA 

10 feb 2012

VIGO RUGBY

En breve recibiremos a visita do equipo IVECO VIGO RUGBY que impartirá unhas clases de iniciación nos cursos de 1º, 2º e 3º da ESO. Forma parte de unha campaña de captación para as súas escolas deportivas.
Quén sabe se o día de mañá sodes algún/nha de vos os que saídes na tele.

 

6 feb 2012

APUNTES DO 2º TRIMESTRE

 Deixámosvos os apuntes deste trimestre para que vaiades adiantando traballo. O prazo de entrega é na semá do 27 de Febreiro ó 2 de Marzo e podedes entregar os traballos nos días que teñades E. Física.
Se non queredes imprimir, que sepades que tamén estan estes mesmos apuntes na fotocopiadora.
Ata Logo!!!!!
1º DA ESO
2º DA ESO
3º DA ESO
4º DA ESO 

4 feb 2012

UNIDADE DIDÁCTICA DE FORZA NO XIMNASIO CÓRPORE

O alumnado de Bacharelato vai desenrolar neste 2º trimestre, unha Unidade Didáctica sobre o traballo da forza nun ximnasio. Para poder desenrolar as dúas clases principais ( test de forza máxima e sesión de forza resistencia) imos contar coa colaboración do Ximnasio Córpore que amáblemente cede as súas instalacións ó alumnado do Ies Pino Manso.
Dende aquí queremos agradecer este tipo de axudas, xa que sin elas non sería posible desenrolar este tipo de contidos. 
GIMNASIO CÓRPORE 

2 feb 2012

DIVERLANHOSO 2012: QUE BEN O PASAMOS!!!!!!!


Antes de nada, felicitar ó alumnado porque co seu excelente comportamento deixaron en moi bo lugar ó instituto e ó pobo que representaban.
Bueno, creo que foi un día perfecto porque con frío e todo pasamos unha xornada de deporte e aventura estupenda.
Moitas grazas a tod@s.


FOTOS DIVERLANHOSO 2012