22 abr 2012

TRABALLO TEÓRICO PARA O 3º TRIMESTRE

Xa estaban tardando non??
Bueno, pois xa están aquí os apuntes para copiar (esperamos que ampliados) deste trimestre. Coma sempre, deixarémolos tamén en conserxería a partires de mañá luns.
A data límite para presentalos será o vindeiro 11 de Maio.
Non o deixedes para o último día!!! 

17 abr 2012

ACROSPORT 2º E 4º DA ESO

Durante as primeiras semás deste trimestre imos desenrolar unha unidade didáctica de Acrosport nos cursos de 2º e 4º da ESO.
Como unha parte do exame consiste na elaboración de unha coreografía por grupos, deixámosvos uns videos para que vaiades anotando ideas.
A Currar!!!!
2º ESO.




4º ESO




TAMÉN DEIXAMOS UN VIDEO DO EXAMEN QUE TEREDES QUE FACER Ó FINALIZAR A UNIDADE DIDÁCTICA. OS RAPACES FIXÁDEVOS NO MINUTO 3:30 DO VIDEO E AS RAPAZAS NOS MINUTOS 2:30 E 3:00.



HAI QUE CLAVAR A EXECUCIÓN. A PRACTICAR!!!!!!

TRABALLO DE FORZA CON ELÁSTICOS 3º ESO

Este trimestre imos dedicar unha unidade didáctica ó traballo da forza resistencia mediante o uso de gomas elásticas.
Este método presenta moitas ventaxas: material económico, facil de usar, posibilidades de uso para calquer idade e en calquer lugar,........etc.
Nos nas clases de E. Física imos utilizar latex quirúrxico por ser un material altamente resistente ó tempo que económico, pero o material específico para este traballo son bandas elásticas específicas de diferentes cores. En función da cor teñen unha determinada dureza e tensión e a cores máis fortes maior dureza.


 Déixovos uns enlaces para que vexades algúns exercicios a maiores dos vistos nas clases:
EXERCICIOS CON ELASTICOS I
EXERCICIOS CON ELÁSTICOS II
VIDEO DE EXERCICIOS CON ELÁSTICOS

DEPORTES DE COMBATE 1º DA ESO

Estamos a comenzar trimestre, e neste caso o alumnado de 1º da ESO váise introducir no mundo das habilidades motrices asociadas ós deportes de combate.
Non se vai tratar de pelear ou aprender a defenderse senón que imos poñer en práctica as habilidades de agarre, equilibrio, desequilibrio, volteos, inmovilizacións, desplazamentos....etc que aparecen en case que todos estes deportes.
En concreto imos traballar nas vindeiras semás sobre os seguintes deportes:
* wu-shu
* Loita libre olímpica e loita grecorromana.
* judo.
* tai-chi.
* esgrima.
Para reforzar o visto nas clases déixovos uns enlaces para que acadedes máis información. Haberá preguntas con premio cada semá para que busquedes información en estas páxinas.
FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE LOITAS OLIMPICAS E ASOCIADAS
FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE JUDO E DEPORTES ASOCIADOS 
FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE ESGRIMA 
TAI- CHI CHUAN 

16 abr 2012

SESIÓNS DE RUGBY TOUCH

JAVIER PARGA "CHESTER" PLACANDO A UN RIVAL
Xa empezaron as clases de Rugby impartidas por un especialista na materia como é Javier Parga, xogador do IVECO Vigo Rugby.
Javier acompañaranos durante as próximas dúas semás e polo visto na primeira sesión, a cousa promete.
Os/as afortunados de recibir estas clases van ser os alumnos/as de 1º, 2º e 3º da ESO.
As sesións van orientadas a unha nova modalidade chamada Rugby touch donde non é posible o placaxe entre xogadores.
Deixámosvos uns enlaces para que poidades informarvos millor de este apasionante deporte.
A DISFRUTAR!!!!!