21 oct 2011

CRITERIOS DE CALIFICACIÓN CURSO 2011-12

Deixámosvos os criterios de calificación deste curso. Estade atentos ó valor de cada parte da nota.
Fixádevos tamén nos puntos que deben reunir ós traballos teóricos de cada trimestre.
CRITERIOS DE CALIFICACIÓN

18 oct 2011

COMENZA O TORNEO DE HOCKEI!!!!

Este xoves 20 de Outubro comenza o torneo de floorball dos recreos.
A continuación mostrámosvos ó sistema de competición. O calendario de partidos colocarémolo cada día no ximnasio.
Para organizar os partidos convócase unha reunión dos alumnos colaboradores de bacharelato para o mércores no 1º recreo.
SISTEMA DE COMPETICIÓN

15 oct 2011

ALUMN@S COA MATERIA PENDENTE

Os alumnos que teñan a materia de Educación Física suspensa do curso anterior,
deberán realizar os seguintes traballos teórico-prácticos:
1º TRIMESTRE: copiar a man unha das seguintes actividades.
Podedes escoller nas actividades do ANTES, do DURANTE ou do DESPOIs do exercicio físico.
Este traballo deberá presentarse antes de finais de febreiro.
Se tedes algunha dúbida podedes pasar polo ximnasio na hora de reforzo de suspensos.

TRABALLOS DE FALTAS DO 1º TRIMESTRE

Como ben sabedes, aqueles alumn@s que acumulen  faltas no trimestre deberán recuperar materia con un traballo por cada 4 faltas, que deberán copiar a man e entregar antes do 14 de Decembro. Os traballos por cursos son os seguintes
1º ESO: TRABALLO 1º ESO
2º ESO: TRABALLO 2º ESO
3º ESO: TRABALLO 3º ESO
4º ESO: TRABALLO 4º ESO
1º BACHARELATO: TRABALLO 1º BACHARELATO
Podedes preguntar ó profesor cantas faltas tedes para ir empezando.
Ata logo.

10 oct 2011

PARTE TEÓRICA DO 1º TRIMESTRE

Xa están os apuntes do 1º trimestre na fotocopiadora do instituto!!!!.
Como sabedes, tedes que copiar a man a información para acadar un 5. A maiores, podedes realizar unha ampliación tamen a man ( mínimo 2 folios) e unha exposición oral para tentar acadar o 10.
Imos recordar as partes obrigatorias do traballo ( xa sabedes que se falta algo descontaría da nota final)
* Presentación xeral :..............................ata - 0,5 puntos
* Índice: ................................................ata - 0,5 puntos
* Caligrafía e ortografía.........................ata - 2    puntos ( máis de 30 faltas suporán o suspenso automático)
* Portada: ..............................................ata - 0,5 puntos

Para este 1º trimestre tedes ademáis outras opcións que pasamos a detallar por cursos:
1º da ESO: En vez da ampliación e exposición comentadas, podedes facer o seguinte traballo:
* Entrar neste blog.
* Participar na enquisa.
*Deixar un comentario co voso nome e dicindo a quen votastes  na enquisa nunha das páxinas do voso curso.
* Facer un resumo a man, dos contidos que aparecen nas páxinas do voso curso para entregar ó profesor o día da entrega do traballo teórico, como ampliación deste.
3º da ESO: En vez da ampliación e exposición comentadas, podedes facer o seguinte traballo:
* Entrar neste blog.
* Participar na enquisa.
* Deixar un comentario  co voso nome e comentando a quen diches o teu voto nunha das páxinas do voso curso.
* Realizar a actividade JCLIC que aparece para o voso curso.
* Facer un traballo en formato WORD cos siguientes puntos: Portada, Índice, resumo dos contidos das páxinas do voso curso, pegar pantallas de 5 actividades do jclic. O traballo enviarase a seguinte dirección de correo: efpinomanso@gmail.com
1º de BAC: Para  poder obter a máxima nota deberase presentar un resumo da ampliación do traballo en formato dixital en presentación WORD ou POWERPOINT. Este traballo enviarase ó correo efpinomanso@gmail.com

 DATA DE ENTREGA PARA TODOS : DURANTE A SEMÁ DO 14 Ó 18 DE NOVEMBRO NA CLASE DE EDUCACIÓN FÍSICA.

No caso de supender ou de non presentar o traballo teredes dereito a un exame teórico no final do trimestre.
A TRABALLAR!!!!

2 oct 2011

AVISO A PAIS/ NAIS E ALUMNADO

Para os profesores desta materia é moi importante coñecer todos os datos referidos á saúde do alumnado de cara a individualizar, na medida do posible, as prácticas físico-deportivas.
Por isto pedimos ás familias que faciliten todos os datos ( informes médicos )  dos alumnos, que sexa preciso coñecer á hora de realizar actividade física. 
É polo ben de tod@s
Grazas.