30 ene 2012

SAIDA EDUCATIVA A DIVERLANHOSO

O vindeiro xoves 2 de Febreiro, os alumn@s de 4º da ESO e 1º de Bacharelato van visitar o parque de aventura de Diverlanhoso. Na visita imos realizar 2 actividades obligatorias por ter relación coa materia: Pontes colgantes nos que traballaremos a forza en xeral e desenrolaremos o equilibrio e As Minas subterraneas donde traballaremos sobre conceptos de cabuyería e orientación. Despois aparte, o que queira  algunha actividade máis poderá facelo se a súa economía llo permite e se se forma un grupo mínimo de persoas. 
Nos seguintes enlaces podedes ver o prezo das diferentes actividades e as que nos imos facer ese día.
Coma sempre, sede puntuais na entrega das circulares porque se hai exceso de prazas teremos que decantarnos polas primeiras en chegar.
Por certo, como fe de erratas da circular enviada direi que a volta será as 18:00 e non as 16:10.  
Tamén comentar que sería bo que levárades unha muda e roupa cómoda (deportiva). Pola comida non vos preocupedes, hay servicio de bocadillos e cafetería.