6 mar 2012

SENDEIRISMO 2º BACHARELATO

Como non podía ser de outra maneira, queremos solidarizarnos co esforzo realizado pol@s valentes alumn@s de 2º de Bac., nesta longa travesía de cara ó mundo universitario. E xa que este ano non nos podemos ver polo ximnasio, dende o departamento e coa colaboración do departamento de Ciencias, imos realizar unha fermosa ruta de sendeirismo pola Costa da Vela , visitando o Castro do Monte Facho en Donón e percorrendo as praias de Barra, Nerga e Viñó.
A cousa promete.......
Información sobre o Monte Facho 



Ver mapa más grande

TRABALLO DO 2º TRIMESTRE PARA 1º BAC SOBRE A FORZA

Déixovos a planilla para facer o traballo teórico do 2º trimestre. Tedes que completar A MAN, os apartados que fan referencia á execución técnica e a musculatura que se traballa en cada exercicio.
Tamén tedes que calcular o peso máximo levantado na sesión de Test xa realizada, utilizando a fórmula do Protocolo de Brzycki. Despois calculade o peso para a seguinte sesión de Forza resistencia que será con un peso do 60% do levantado no test máximo.
Entregade o traballo antes do  vindeiro Venres 16 de Marzo.
Ata logo.
PLANILLA DO TRABALLO DE FORZA