19 abr 2013

SAIDA EDUCATIVA 1º DE BACHARELATO

O vindeiro martes 23 de Abril,@s alumn@s de 1º de Bacharelato van poder disfrutar dunha fermosa actividade consistente nunha ruta de sendeirismo por Monteferro e de actividades deportivas en Praia América.
Aproveitamos así a tregua climatolóxica e a ausencia de exames importantes para facer esta actividade complementaria que servirá ós nos alumnos para coller forza de cara ó final de curso.
Para esta actividade recoméndase levar roupa deportiva e calzado adecuado para camiñar, así como roupa para a praia.....bañador e toalla.
Tamén se poderá levar comida da casa ainda que na zoa hai donde poder comprar para comer.
Esperamos que salga todo como de costume e disfrutemos de unha inolvidable xornada de deporte a compañeirismo.

11 abr 2013

SAIDA EDUCATIVA DE 1º DA ESO



O vindeiro martes 16 de abril o alumnado de 1º da ESO vai realizar unha actividade complementaria desta materia que vai consistir nunha visita ó Lago de Castiñeiras e o seu entorno e posteriormente unha actividade deportiva de pontes colgantes e tirolinas no Ecoparque de Marín. O horario de esta actividade será de 09:00 a 17:45 horas e o alumnado poderá escoller entre facer as dúas actividades plantexadas ( visita ó lago e actividade de aventura) con un prezo de 17 euros ou soio a actividade de visita ó Lago. Neste último caso soio deberán aboar o importe do autobús que son 7 euros. Recoméndase levar, como en toda actividade deportiva, roupa e calzado cómoda ( roupa de deporte) e unha muda de calzado e camiseta por se fixera falta. Os alumn@s tamen poderán levar a súa propia comida. Pódese acadar máis información nos seguintes enlaces: 

ECOPARQUE DE MARÍN. 
LAGO DE CASTIÑEIRAS.