9 may 2012

SAÍDA EDUCATIVA 1º BACHARELATO

Este venres 11 de Maio imos realizar dende o departamento de E. Física a última das saídas complementarias programadas para o curso 2011-12. 
 Nesta ocasión o alumnado participante ( perto do 60% do total) vai realizar unha fermosa ruta de sendeirimo en Monteferro ( Nigrán) 
Ruta circular de Monteferro
acompañado de unhas interesantes anotacións do profe de Bioloxía Anxo acerca das características xeolóxicas da zoa. Para finalizar a mañá disfrutaremos de unha xornada de deporte na praia en Praia América.
Creemos que foi un ano moi interesante en canto a este tipo de actividades e todas elas desenroláronse sin ningún tipo de problema. 
Queremos aproveitar coa celebración de esta última actividade, para pedir a colaboración do alumnado implicado. Con isto o que queremos recalcar, é o esforzo que realiza o profesorado participante na organización e desenrolo de estas actividades que creemos debe ser respaldada pola participación da maior parte do alumnado ó que van dirixidas.
Para nos sería máis doado non organizar ningún tipo de actividade, pero coido que todos sairíamos perdendo.

3 may 2012

TEORÍA EDUCACIÓN FÍSICA: AMPLIACIÓNS DOS TRABALLOS PARA 1º, 2º, 3º e 4º DA ESO

Para que vos sexa máis doado ampliar o traballo de este trimestre, podedes realizar un traballo e envialo ó correo do departamento efpinomanso@gmail.com. Os traballos arealizar por cursos son os seguintes:
1º ESO e 2º ESO: Recompilación das reglas do rugby touch ou rugby cinta en un documento Word ou similar ( Non se pode mandar unha páxina web, hai que copiar e pegar nun documento voso e poñer unha portada). Enlaces para buscar:
3º ESO: Power-point con exercicios prácticos de rugby-cinta. Podes poñer texto, imaxes ou videos de rugby-touch ou rugby-cinta. Enlaces:
4º ESO: Recompilación de exercicios ou formacións grupais (pirámides de 2 a 6 persoas) en formato word, power-point ou similar.