19 nov 2012

VISITA Ó MUSEO DO R.C. CELTA

O vindeiro mércores 21 de Novembro, o alumnado de 3º da ESO vai visitar as instalacións do estadio municipal de Balaidos.
Os alumn@s poderán visitar as principais dependencias do estadio incluido o museo de trofeos e sairán ao céspede polo tunel de vestiarios.
Esperamos que sexa unha bonita experiencia para rematar a unidade didáctica de fútbol que levamos a cabo durante o presente trimestre.

24 oct 2012

Visita do ANFIV

Visita do ANFIV - ALDASA de baloncesto en cadeiras de rodas


 
Mañá xoves 25 de Outubro, os alumnos de 1º ESO A e C van poder presenciar un entrenamento do equipo de baloncesto en cadeiras de rodas de División de Honra ANFIV- ALDASA.
@s Alumn@s van poder incluso participar en algún exercicios para vivenciar en primeira persoa as sensacións de xogar ó baloncesto sin poder utilizar as pernas.

13 oct 2012

TRABALLO TEÓRICO 1º BAC. 1º TRIMESTRE

Déixovos unhas pautas para que poidades empezar coa redacción do traballo deste trimestre. Se tedes dúbidas irémolas resolvendo en clase.
Ánimo.

Debedes planificar 8 semás de entrenamento da Resistencia. Nesta planificación debedes incluir os seguintes aspectos:
* REALIZACIÓN NA CLASE DE 2 TEST DE VALORACIÓN DOS 4 QUE SINALAMOS A CONTINUACIÓN:
TEST DE ROCKPORT
TEST DE RUFIER E TEST DO ESCALÓN
TEST DE BURPE
Debedes resumir os dous test escollidos e tamén debedes resumir os resultados acadados na clase donde os levastes a cabo.

* MÉTODOS DE ENTRENAMENTO PARA O DESENROLO DO PLAN.
De todos os métodos para o desenrolo da Resistencia, imos usar soio os seguintes:
CARREIRA CONTINUA.
ENTRENAMENTO TOTAL.
FARTLEK.
ENTRENAMENTO FRACCIONADO.
Debedes explicar  brevemente cada un dos métodos no voso traballo teórico.

* PRINCIPIOS DO ENTRENAMENTO.
De todos os principios que deben aplicarse na planificación, nos imos utilizar soio os seguintes:
- P. da progresión.
- P. da alternancia.
- P. da continuidade.
- P. da supercompensación.
Os principios non forman parte do traballo pero debedes leelos para que a periodización que fagades a continuación cumpla os 4 principios sinalados.

* PERIODIZACIÓN.
Debedes representar nun cadro 8 semás de entrenamento donde 6 serán de carga e 2 de recuperación. Cada semá ou microciclo terá 4 días de entrenamento donde 2 serán de carreira contínua e os outros dous elexiredes algún dos métodos comentados con anterioridade.
Tamén deberedes presentar un modelo de sesión con unha sesión de dous dos métodos da resistencia que traballaremos. Cada sesión deberá conter: quecemento, parte principal e volta á calma.
MODELO FICHA DE SESIÓN

PLANIFICACIÓN DO ENTRENAMENTO BACHARELATOS


Hola a todos/as!!!!
Comenzamos o trimestre coa planificación do entrenamento, e queremos que teñades a información necesaria para empezar coa súa elaboración. 
Esperamos que vos sexan útiles.

PLANIFICACIÓN DO ENTRENAMENTO  DEPORTIVO
PROBAS PARA MEDIR A FORZA
PROBAS PARA MEDIR A FLEXIBILIDADE

5 oct 2012

FUTBOL SALA 1º E 3º DA ESO


Comenza un novo curso e os alumnos/as de 1º e 3º da ESO van disfrutar de un deporte tan coñecido como o futbol-sala. Seguro que o pasaremos ben nas clases prácticas e para que ampliedes a vosa información acerca de este deporte deixámosvos estes enlaces interesantes. Ata logo!!



FLOORBALL 2º E 4º DA ESO

Nos cursos de 2 º y 4º da ESO  vaise  impartir como actividade deportiva do primeiro trimestre o Floorball.
Para que coñezades máis acerca de este motivante deporte, deixámosvos un par de enlaces interesantes.

REGULAMENTO DO FLOORBALL

VIDEO DE UNHA COMPETICIÓN MASCULINA

VIDEO DE UNHA COMPETICIÓN FEMENINA 

 

2 oct 2012

BENVIDOS

Máis vale tarde que nunca........
Dende o departamento de Educación Física queremos desexarvos unha boa entrada no curso 2012-13.
Arrancamos co Blog, esperando que polo menos vos sexa de tanta utilidade como no pasado curso.
Benvidos!!!!

6 jul 2012

FELICES VACACIÓNS!!!!!

Xa estábamos tardando para despedirnos!!!. Foi un fin de curso intenso, pero non podíamos deixar isto así.
Dende o departamento queremos desexarvos unhas felices vacacións aínda que inevitablemente serán millores para uns que para outros.....
Este ano estreamos este Blog que nos servíu para estar máis en contacto e facilitarvos o traballo nesta materia. Foron  unhas 7500 visitas  que nos animan a seguir con esta iniciativa o vindeiro curso e intentar millorar se se pode.
Como fin de festa queremos deixarvos unha recopilación de fotos que fixemos durante o curso, esperamos que vos gusten.
A pasalo ben!!!!

9 may 2012

SAÍDA EDUCATIVA 1º BACHARELATO

Este venres 11 de Maio imos realizar dende o departamento de E. Física a última das saídas complementarias programadas para o curso 2011-12. 
 Nesta ocasión o alumnado participante ( perto do 60% do total) vai realizar unha fermosa ruta de sendeirimo en Monteferro ( Nigrán) 
Ruta circular de Monteferro
acompañado de unhas interesantes anotacións do profe de Bioloxía Anxo acerca das características xeolóxicas da zoa. Para finalizar a mañá disfrutaremos de unha xornada de deporte na praia en Praia América.
Creemos que foi un ano moi interesante en canto a este tipo de actividades e todas elas desenroláronse sin ningún tipo de problema. 
Queremos aproveitar coa celebración de esta última actividade, para pedir a colaboración do alumnado implicado. Con isto o que queremos recalcar, é o esforzo que realiza o profesorado participante na organización e desenrolo de estas actividades que creemos debe ser respaldada pola participación da maior parte do alumnado ó que van dirixidas.
Para nos sería máis doado non organizar ningún tipo de actividade, pero coido que todos sairíamos perdendo.

3 may 2012

TEORÍA EDUCACIÓN FÍSICA: AMPLIACIÓNS DOS TRABALLOS PARA 1º, 2º, 3º e 4º DA ESO

Para que vos sexa máis doado ampliar o traballo de este trimestre, podedes realizar un traballo e envialo ó correo do departamento efpinomanso@gmail.com. Os traballos arealizar por cursos son os seguintes:
1º ESO e 2º ESO: Recompilación das reglas do rugby touch ou rugby cinta en un documento Word ou similar ( Non se pode mandar unha páxina web, hai que copiar e pegar nun documento voso e poñer unha portada). Enlaces para buscar:
3º ESO: Power-point con exercicios prácticos de rugby-cinta. Podes poñer texto, imaxes ou videos de rugby-touch ou rugby-cinta. Enlaces:
4º ESO: Recompilación de exercicios ou formacións grupais (pirámides de 2 a 6 persoas) en formato word, power-point ou similar.




22 abr 2012

TRABALLO TEÓRICO PARA O 3º TRIMESTRE

Xa estaban tardando non??
Bueno, pois xa están aquí os apuntes para copiar (esperamos que ampliados) deste trimestre. Coma sempre, deixarémolos tamén en conserxería a partires de mañá luns.
A data límite para presentalos será o vindeiro 11 de Maio.
Non o deixedes para o último día!!! 

17 abr 2012

ACROSPORT 2º E 4º DA ESO

Durante as primeiras semás deste trimestre imos desenrolar unha unidade didáctica de Acrosport nos cursos de 2º e 4º da ESO.
Como unha parte do exame consiste na elaboración de unha coreografía por grupos, deixámosvos uns videos para que vaiades anotando ideas.
A Currar!!!!
2º ESO.




4º ESO




TAMÉN DEIXAMOS UN VIDEO DO EXAMEN QUE TEREDES QUE FACER Ó FINALIZAR A UNIDADE DIDÁCTICA. OS RAPACES FIXÁDEVOS NO MINUTO 3:30 DO VIDEO E AS RAPAZAS NOS MINUTOS 2:30 E 3:00.



HAI QUE CLAVAR A EXECUCIÓN. A PRACTICAR!!!!!!

TRABALLO DE FORZA CON ELÁSTICOS 3º ESO

Este trimestre imos dedicar unha unidade didáctica ó traballo da forza resistencia mediante o uso de gomas elásticas.
Este método presenta moitas ventaxas: material económico, facil de usar, posibilidades de uso para calquer idade e en calquer lugar,........etc.
Nos nas clases de E. Física imos utilizar latex quirúrxico por ser un material altamente resistente ó tempo que económico, pero o material específico para este traballo son bandas elásticas específicas de diferentes cores. En función da cor teñen unha determinada dureza e tensión e a cores máis fortes maior dureza.


 Déixovos uns enlaces para que vexades algúns exercicios a maiores dos vistos nas clases:
EXERCICIOS CON ELASTICOS I
EXERCICIOS CON ELÁSTICOS II
VIDEO DE EXERCICIOS CON ELÁSTICOS

DEPORTES DE COMBATE 1º DA ESO

Estamos a comenzar trimestre, e neste caso o alumnado de 1º da ESO váise introducir no mundo das habilidades motrices asociadas ós deportes de combate.
Non se vai tratar de pelear ou aprender a defenderse senón que imos poñer en práctica as habilidades de agarre, equilibrio, desequilibrio, volteos, inmovilizacións, desplazamentos....etc que aparecen en case que todos estes deportes.
En concreto imos traballar nas vindeiras semás sobre os seguintes deportes:
* wu-shu
* Loita libre olímpica e loita grecorromana.
* judo.
* tai-chi.
* esgrima.
Para reforzar o visto nas clases déixovos uns enlaces para que acadedes máis información. Haberá preguntas con premio cada semá para que busquedes información en estas páxinas.
FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE LOITAS OLIMPICAS E ASOCIADAS
FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE JUDO E DEPORTES ASOCIADOS 
FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE ESGRIMA 
TAI- CHI CHUAN 

16 abr 2012

SESIÓNS DE RUGBY TOUCH

JAVIER PARGA "CHESTER" PLACANDO A UN RIVAL
Xa empezaron as clases de Rugby impartidas por un especialista na materia como é Javier Parga, xogador do IVECO Vigo Rugby.
Javier acompañaranos durante as próximas dúas semás e polo visto na primeira sesión, a cousa promete.
Os/as afortunados de recibir estas clases van ser os alumnos/as de 1º, 2º e 3º da ESO.
As sesións van orientadas a unha nova modalidade chamada Rugby touch donde non é posible o placaxe entre xogadores.
Deixámosvos uns enlaces para que poidades informarvos millor de este apasionante deporte.
A DISFRUTAR!!!!!

28 mar 2012

V CARREIRA POLA IGUALDADE

 
Queremos dar as últimas indicacións para a carreira que se vai celebrar o vindeiro venres 30 de Marzo:
* Entrega de dorsais: durante a mañá do venres ( non debedes pegar o dorsal senón levalo na man e entregalo na meta)
* Hora da saída: 12:30. ( xusto despóis de que soe o timbre do recreo)
* Hora de entrega de trofeos e sorteo de premios: 13:45 ( no ximnasio)

Tamén comentar que debedes recoller os tickets de control nos puntos donde se atope o profesorado. Se non os recolledes quedaredes descalificados.
Sorte a todos/as.