28 nov 2011

MAGOSTO 2011-12

Mañá martes 29 durante as clases da tarde, vaise celebrar no instituto o magosto deste curso 2011-12. Aparte de asar e comer castañas, vanse celebrar como xa é habitual, actividades 
deportivas entre o alumnado. Este ano haberá competicións de brilé, soga-tira e morte-súbita( baloncesto).De cara a axudar na organización destas actividades, o departamento convoca ós alumnos colaboradores de bacharelato para que se concentren no ximnasio as 16:30 de mañá martes. Despois procederemos ó reparto de funcións.
No 1º recreo de mañá, tamén haberá unha reunión no ximnasio para falar disto.
Animádevos a participar!!!!